Hoxe, cal é a miña sorpresa cando escoito na radio a seguinte nova: Un condutor pide 20.000 euros aos pais do mozo ao que atropelou e matou
Eu alucino, pero moito. Dende onde estea, estará dicindo o pobre rapaz: “Perdoe señor condutor, por facerlle un bolo no coche...sinto moito”
O carai e que o tío di que non precisa a pasta, pero que el non ten porque pagar este amaño, e todo isto, 3 anos e medio despois de que matara ao pobre mozo.
Non me importaría ter a esta besta diante, de verdade que non. Íalle facer un bonitiño agasallo no coche, que ía pagar con moito gusto.
Pero a culpa non é toda del, a culpa é de quen lle permite facer este tipo de denuncias
En fin...así vai o mundo....
Bicos e ata outra
PD.- Deixovos o enlaces a nova e tamén un enlace á páxina de STOPACCIDENTES dende onde podedes mandar as vosas mensaxes de ánimo á familia